Paco Roig “o mago”

Nunca deixará de sorprenderme que o berce da nosa ciencia, filosofía e arte sexa expoliado, por verdadeiros ignorantes, con total alevosía e dende fai tanto. Tampouco vou negar o penoso que me semella que sigamos finxindo que nos importa tanto o asunto das pateras, cando nos limitamos ao asistencialismo típico de salvadores brancos. Negando a riqueza cultural, nivel intelectual, potencia tecnolóxica, recursos propios e potencial económico inherente a África. Non vemos máis aló porque non queremos, porque somos unha manga de vagos e caraduras. E é que, con indagar un chisquiño, de seguida poderíamos ver a cantidade de situacións inadmisibles para un século XXI da vida, sen quedarmos na superficie. Será que estamos ancorados aos nosos privilexios? tanto como pra non querer mirarnos ao espello e asumir o prezo que teñen e quen os manexa, aquí e aló? Como acontece coa France Afrique, o Sahel e os francos CFA. Non teñen nada que ver Ibrahim Traoré (field negro) con Macky Sall (house negro, Tio Tom). Lamentablemente, os que o derrocaron desde a PASTEF non semellan, polo de agora, supor un grande cambio con respecto ao expolio francés. Agardemos que isto cambie.

Paco Roig "O Mago"

Aquí tamén sabemos algo do tema de expoliar con total alevosía. Como por exemplo, co curioso caso daquel “mago valenciano” que facía desaparecer os cartos, con todas as súas artes. Un tal Paco Roig (irmán de Juan Roig, presidente executivo e máximo accionista de Mercadona) esfumouse de Guinea Ecuatorial con 1500 millóns de francos CFA e... oes, aquí non pasou nada! O senyoret chegara a Malabo grazas ás artimañas da ditadura de Obiang e mailos seus secuaces valenciáns. Unha vez alí, copou a importación de alimentos e madeiras, baixo a advertencia de “A illa é miña”. Facíao a través das súas empresas Suguisa, Agroguisa e Maguisa, sen pagar impostos nen devolver os créditos que pedira. Todo quedaba entre Obiang e mais el. E ata o de agora, o expresidente do Valencia CF, somentes reundiu contas coa Sareb en Valencia por outras estafas. Da súa débeda con Guinea Ecuatorial, non volveu saber ninguén. Este é un exemplo, entre moitos, do neocolonialismo que tanta xente semella non ver, nin saber, nin ouvir. Guinea Ecuatorial leva a friolera de: 46 anos de ditadura con Teodoro Obiang Nguema, 11 anos de ditadura de Macías Nguema,190 anos de colonialismo español e 309 años de colonialismo portugués. O día que o pobo ecuatoguineano decida erguerse para reclamar o que lle pertence, vai tremer a terra.

Pregúntome, con todo isto: cando imos asumir a cuestión da reparación africana? Sen menospreciar a realidade inerente aos tiempos que corren, en relación ao cambio climático e as crisis migratorias. Sen ánimo de restar importancia ao genocidio palestino, a guerra de Ucrania ou o expolio e neocolonialismo que se practica noutros lares da terra... Sinto que non falamos nos mismos términos de África que de América ou Oriente Medio. Si todas as persoas capaces de alarmarse co neofascismo das “potencias” económicas estadounidenses, prestasen a mesma atención a Guinea Ecuatorial, o Sahel, a República Democrática do Congo ou ao reparto de pastel que se practica en Sudan (a maior crise humanitaria dos noso tempos) ... Outro galo cantaría en África. Non hai excusa que valga. É o momento de actuar como o planeta que somos hoxe e reparar, alo menos, a nosa parte da escalada de danos no continente e na súa diáspora.

Debemos prestar a mesma atención a Gaza, Darfur, os deportados da colonia estadounidense e as migracións entre África e Europa. Deixando de categorizar ás persoas con etiquetas numéricas como “migrantes”, “deportados”, ou distintivas como “emprendedores” ou “inversores”.

Teño claro que estou a escribir sobre cuestións moi complexas que non se deben tratar de simplificar sen afondar. Mais tamén teño claro que, cando lle falas a moitas persoas, supostamente cultas e estudiadas en democracia, sobre a necesidade inminente de que Europa deixe de expoliar recursos e impoñer as súass condicións económicas para lexitimalo e perpetualo, semellan ver a Europa coa excusa de que só “procura oportunidades como pode” para sobrevivir. Porque, senon, argumentan cómo fariamos? Para eles, a alarma está sempre nos demáis, son outros sempre os que “acaban co mundo”. Maduremos e espertemos: temos a conciencia, só nos cómpre a consciencia necesaria para habitar nos tiempos que corren, con todas as súas circunstancias e facernos responsables das atrocidades que levamos acometido e acometemos, para acadar unha reparación e reparto realista e xusto. Recoñezamos a África no mapa mediático dunha vez. Do que no se fala, non semella existir, pero existe. E non desde unha perspectiva integracionista, que non é máis que paternalismo e asistencialismo, senon aprendendo de e escoitando á dignidade negra como protagonista decisiva.

Por unha África unida e ceibe, dona dos seus propios recursos. Uhuru!

Idoia de Luxán


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Funeral tributo: Assata Shakur

Queimar a casa do amo

CONGRESO PANAFRICANISTA de América Latina Iberofonía Encuentro politico de la hispanidad Negra