Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta castelao

Queimar a casa do amo

Imaxe
"Queimar" a casa do amo Imaxes da NASA cos lumes activos en tempo real a 15 de agosto de 2025.   “ Cada galo que canta nos faiados denuncia unha falcatruada, porque os labregos non regalan galos de balde.”  Castelao Cando o amo e o seu séquito de negros da casa semellan ser aparentemente indestrutibles, aterrorizando á poboación e destruíndo todo... Han ser os negros do campo quen descubra a verdadeira chafallada que os suxeita. Darse de conta de que son mortais, de que tamén arden e sofren a tortura. De que teñen un poder imaxinario, o dun sistema que os sustenta dun xeito insostible. Coma un castelo de naipes coroado por dous incisivos de almafí. Coma os metros de estrato de sólo dun monte galego feitos cinsa anunciando investimento no rural. Coma as turbeiras e brañas do nacemento dun río co arsénico a flor de pel. Coma Galiza crucificada por unha invasión eólica que nin funciona, producindo enerxía de máis e distribuíndoa fóra. Coma Guinea Ecuatorial logo de décadas de l...